Cargando resultados...
Un problema eléctrico deixa parado o tren Madrid-A Coruña durante máis de dúas horas
Un problema eléctrico deixa parado o tren Madrid-A Coruña durante máis de dúas horas
Provocou atrasos en trens do Eixo Atlántico e, sobre todo, as queixas de numerososos usuarios, que din que non foron informados
Pasaxeiros afectados na estación de Ourense
G24.gal
25/09/2024 21:09
Problemas de novo no tráfico ferroviario. Un tren que cubría o percorrido entre a Coruña e Madrid estivo atrapado durante máis de dúas horas este mércores por mor dunha incidencia eléctrica na estación de Ourense. Unha situación que mesmo provocou atrasos noutros trens do Eixo Atlántico e, sobre todo, as queixas de numerososo usuarios. Pasaxeiros que estaban na estación din que nin sequera foron informados.