Cargando resultados...
Un raio causa avarías nalgúns equipos de radioaxuda do aeroporto de Peinador
Un raio causa avarías nalgúns equipos de radioaxuda do aeroporto de Peinador
Con todo, a incidencia non provocou ningunha cancelación
G24.gal
09/03/2024 13:45
A caída dun raio causou avarías nalgúns equipos de radioaxuda do aeroporto vigués de Peinador. Estes sistemas proporciónanlle información aos avións da súa posición e sinais de guiado durante o voo.
Segundo confirmaron fontes de Aena, os técnicos atópanse nestes momentos traballando para solucionar a incidencia. Con todo, non se produciu ningunha cancelación e o tráfico aéreo funciona, ata o momento, con normalidade.