Un rapaz con trastorno de espectro autista xoga na liga feminina de voleibol
Un rapaz con trastorno de espectro autista xoga na liga feminina de voleibol
Despois dun ano preparándose, é un integrante máis do equipo monfortino do Ribeira Sacra
O seu exemplo é unha mostra de que o deporte favorece a integración social
Un neno de 13 anos con trastorno do espectro autista acaba de estrear esta mañá a súa licenza federativa. É un integrante máis do equipo do Ribeira Sacra de Monforte, unha agrupación feminina coa que se integrou logo dun período de formación e adaptación.
Alejandro é un máis no equipo. É precisamente isto o que se busca a través do deporte, a integración deste rapaz con trastorno de espectro autista.
Xoga no equipo feminino na liga galega infantil, cunha concesión especial da federación que lle permite facelo nunha categoría inferior á súa idade e coas compañeiras coas que comezou adestrar o ano pasado. Foi o seu titor do curso anterior quen o iniciou neste deporte.
Alejandro está encantado de poder competir. O club non oculta a súa satisfacción por ter contribuído a esta integración, unha mostra de que os valores do deporte son universais.