Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tornado arrinca o tellado de varias casas en Manchester

Un tornado arrinca o tellado de varias casas en Manchester

O paso da tormenta Gerrit causou graves danos en todo o Reino Unido

G24.gal 29/12/2023 15:43

A tormenta Gerrit atópase atravesando o Reino Unido desde o mércores. Na localidade de Stalybridge, preto de Manchester, un tornado estragou centos de vivendas durante a madrugada do xoves.

Segundo informou a Policía nun comunicado, producíronse "danos significativos" en varias propiedades da zona debido ao que cualificaron de "tornado localizado". En medio minuto derrubou árbores e arrincou os tellados e as paredes dun cento de casas que tiveron que ser evacuadas.

Esta meteoroloxía adversa provocou cancelacións de voos e trens á volta do Nadal, ademais de apagamentos en máis de 31.000 domicilios, 14.000 dos cales continuaban sen electricidade o xoves pola mañá, segundo medios británicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade