Un veciño de Maceda colecciona máquinas de coser antigas
Un veciño de Maceda colecciona máquinas de coser antigas
Ten 84 aparellos que funcionan e quere chegar a 100
Conta con pezas de máis de 120 anos de antigüidade
Alemaña, Inglaterra, Italia, Cuba ou o País Vasco son algúns dos lugares de fabricación das 84 máquinas de coser que este veciño de Maceda mercou e restaurou nos últimos tempos.
Hainas de máis de 120 anos de antigüidade e tamén das primeiras que incorporaron electricidade. O seu dono nunca se dedicou á moda pero comezou con esta afección como terapia por un problema de saúde.
En Internet, en almacéns de ferralla ou a través de coñecidos foi como Jesús se fixo coas máquinas.
Dedica varias horas ao día para poñelas a punto e é que, asegura, non ten sentido xuntalas se non traballan. Ademais, investiga a orixe de cada máquina para telas ben identificadas. No en tanto, deulle tempo a fabricar esta roda de afiador.
Pero a xoia da coroa é esta máquina da marca Peugeot. Unha peza case única polo seu deseño, antigüidade e método de costura e que data do século XIX.