Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Oleiros abren unha casa ao público con máis de 400 Papás Noel cun fin solidario

En Oleiros abren unha casa ao público con máis de 400 Papás Noel cun fin solidario

Do recadado poderán beneficiarse as preto de 100 persoas atendidas por Cáritas en Santa Cruz, onde Fatima é voluntaria

G24.gal 11/12/2024 20:56 Última actualización 11/12/2024 21:23

Adentrarse na casa de Fátima, en Oleiros, é unha auténtica viaxe que traslada o visitante a un mundo máxico: o de Papá Noel. Están por todas partes. En cada cuarto e en cada recuncho. Uns bailan outros cantan e cada ano hai novas incorporacións.

Ela di sentir paixón por este personaxe, por simpático e bondadoso. O home regaloulle o primeiro e tras quedar viúva comezou a coleccionalos.

Na actualidade conta con máis de 400 figuras de Papás Noel. Por Nadal a casa convertida en museo pode visitarse cun fin solidario. Do recadado poderán beneficiarse as preto de 100 persoas atendidas por Cáritas en Santa Cruz, onde Fatima é voluntaria.

As visitas poden realizarse en horario de tarde, todos os días ata o 5 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade