Unai Sordo defende en Pontevedra a continuidade da actividade de Ence
Unai Sordo defende en Pontevedra a continuidade da actividade de Ence
O secretario xeral de CCOO dixo en Lourizán que o respecto normativo en materia medioambiental debe ser compatible coa "creación e xeración de emprego"
O secretario xeral de CCOO estivo este mércores en Pontevedra, onde visitou a factoría de Ence. Alí Unai Sordo reiterou a súa defensa á continuidade da fábrica de celulosas.
"E nós loxicamente imos esixir todos os cumprimentos normativos ás empresas en materia medioambiental, en materia de emisións, que nos parece un tema absolutamente prioritario na sociedade actual, haino que facer compatible coa actividade produtiva e coa creación e xeración de emprego", dixo Sordo na planta de Lourizán, onde se reuniu con representantes do comité de empresa da fábrica e das oficinas.
A continuidade da fábrica está pendente da decisión do Tribunal Supremo, que debe pronunciarse sobre os recursos presentados pola empresa tras as dúas sentenzas da Audiencia Nacional que anularon a prórroga da súa concesión para seguir ocupando ata 2073 os terreos de costeiros onde está instalada.