Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha aldea de Boborás recupera a actividade gandeira con porcos silleiros

Unha aldea de Boborás recupera a actividade gandeira con porcos silleiros

Cento trinta propietarios cederon 23 hectáreas para a cría dos cochos

Tamén van ter froiteiras e pensan botar millo e trigo

G24.gal 27/03/2023 19:42 Última actualización 27/03/2023 20:27

Martina foi a primeira das catro porcas parideiras que deu a luz no Penedo, en Boborás. Foron seis leitóns da caste silleira, que, despois de décadas de abandono, supoñen a recuperación da actividade gandeira nesta parroquia grazas a un dos proxectos de aldea modelo postos en marcha pola Xunta.

Os veciños confían en que o proxecto sirva para dar un novo pulo á parroquia. Recuperáronse 23 hectáreas que estaban a monte e agora serven de pasteiro para os cochos. Tamén hai froiteiras e pensan sementar cereais. Os máis vellos do lugar amósanse satisfeitos de recuperar o que era o antigo modo de vida.

O seguinte paso será conseguir que os porcos silleiros sexan recoñecidos como raza autóctona en perigo de extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade