Publicador de contidos
Publicador de contidos

Andaina entre Palas de Rei e Santiso contra o proxecto de Altri na zona

Andaina entre Palas de Rei e Santiso contra o proxecto de Altri na zona

Unhas 400 persoas amosaron o seu rexeitamento á instalación da fábrica na comarca

A empresa asegura está a traballar nun plan de formación para a mocidade interesada en formar parte do proxecto

G24.gal 07/04/2024 13:24 Última actualización 07/04/2024 22:20

Unhas 400 persoas participaron este domingo nunha andaina entre Palas de Rei e Santiso para dicirlle non á que cualificaron como a "macrocelusosa" que Altri quere instalar na zona.

Segundo denuncian, a fábrica sacaría diariamente de Portodemouros 46 millóns de litros de auga, o mesmo que consome toda a provincia de Lugo nunha xornada, dos que devolvería ao río Ulla 30 millóns de litros de auga tratada quimicamente.

Na andaina estiveron alcaldes e representantes dos concellos de Vila de Cruces, Arzúa, Antas de Ulla, Touro, Melide e Santiso.

Plan de formación

Precisamente este domingo Greenfiber, do grupo portugués Altri, difundiu un comunicado en que asegura estar a traballar nun plan de formación para a mocidade interesada en formar parte do proxecto de fábrica de celulosa e fibras téxtiles que pretende instalar en Palas de Rei.

Segundo a nota de prensa, a multinacional quere favorecer o emprego da comunidade en que está asentada, polo que "priorizará a contratación de profesionais da zona, captando talento e mozos galegos, coa capacitación e experiencia necesaria para levar a cabo o proxecto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade