Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellada unha banda que vendía marihuana, minaba bitcoins e tiña un zoo ilegal

Desartellada unha banda que vendía marihuana, minaba bitcoins e tiña un zoo ilegal

A Policía Nacional detivo 14 persoas en 11 rexistros simultáneos en Barcelona e Xirona

G24.gal 23/03/2024 19:14 Última actualización 23/03/2024 19:38

Máis dun cento de axentes da Policía Nacional entraron simultaneamente en 11 propiedades de Barcelona e Xirona onde os integrantes da banda, rodeados de importantes medidas de seguridade, cultivaban marihuana e vivían con todo tipo de luxos.

Os investigadores calculan que un dos membros da organización gañarían nos últimos tres anos ata sete millóns de euros.

"Froito dos rexistros practicados, incautáronse 10.000 plantas de marihuana, máis de 100 quilos de gromos, 10.000 euros en efectivo, 16 armas (longas, detonadoras, brancas, e dous dispositivos de inmobilización eléctricos), 16 vehículos e 53 reloxos de alta gama valorados en máis de 500.000 €".

A policía localizou tamén dúas granxas de minería de criptomoedas e un zoolóxico ilegal. Nunha das mansións atoparon máis de medio cento de réptiles exóticos, moitos deles especies protexidas e en perigo de extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade