Un erro nos sistemas de Iberia provoca atrasos en varios aeroportos
Un erro nos sistemas de Iberia provoca atrasos en varios aeroportos
O fallo de conectividade obrigou a cancelar cinco voos no aeroporto de Madrid
Un fallo de conectividade nos sistemas de Iberia provocou este sábado atrasos en varios aeroportos e a cancelación de cinco voos, todos eles con orixe en Madrid, segundo confirmaron fontes da aeroliña.
Os cinco voos cancelados tiñan prevista a súa saída de Madrid a Xerez, Vigo, Barcelona, Londres e Lisboa. Iberia asegura que está a tentar recolocar as persoas afectadas noutros avións.
O problema de conectividade obriga a realizar a man a facturación e o embarque do aeroporto Adolfo Suárez-Madrid Barajas, o que causa atrasos noutros aeroportos.
A primeira quenda de voos afectados (aqueles que tiñan previsto saír de Madrid ata as once e media da mañá) engalaron cunha demora media dunha hora.
Nunha mensaxe publicada na súa conta de Twitter, Iberia descúlpase coa clientela "polos inconvenientes que a situación lle está a ocasionar".
Debido a una caída de nuestros sistemas, se ha detenido el servicio de facturación y embarque en varios aeropuertos. Todo el equipo de Iberia trabaja para solucionarlo. Pedimos disculpas a nuestros clientes por los inconvenientes que la situación les está ocasionando.
— Iberia (@Iberia) January 28, 2023
Gracias!