Cargando resultados...
Unha de cada catro familias recoñece que salta algunha comida para aforrar
Unha de cada catro familias recoñece que salta algunha comida para aforrar
No caso dos fogares que ingresan menos de 15.000 euros ao ano esta cifra sitúase no 41 %
Familia recibindo axuda de Cáritas
G24.gal
08/03/2023 14:50
As dificultades económicas que atravesan moitas familias fai que o 26 % recoñeza que non realiza a diario todas as comidas para así poder reducir gastos.
Unha cifra que se eleva a 4 de cada 10 no caso de aqueles fogares que ingresan menos de 15.000 euros ao ano.
Son datos dun informe sobre pobreza alimentaria elaborado por Kellogg's. O estudo constata que a situación en España, así e todo, é mellor que no resto de países europeos analizados, como Reino Unido ou Alemaña.