Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha empresa galega lidera o mercado fotovoltaico nacional

Unha empresa galega lidera o mercado fotovoltaico nacional

EiDF Solar controla desde Barro o 40 % do mercado estatal

G24.gal 06/03/2023 14:42

Se ven unhas placas fotovoltaicas instaladas no tellado dalgunha grande empresa, o máis probable é que detrás estea EiDF Solar, unha firma que, dende a localidade pontevedresa de Barro, lidera o mercado fotovoltaico industrial.

Fernando Romero, conselleiro delegado de EiDF Solar, asegura que actualmente copan o 40 % do mercado nacional. Di que anualmente fan unhas 700 obras e que estan presentes nos dez contratos mais grandes que se realizan en España.

Pero aos seus clientes non só lles ofrecen a instalación de autoconsumo; dende hai uns anos van un paso máis aló.

Fernando Romero lembra que actualmente producen a súa propia enerxía; máis de 2.500 Mw, e comercialízana eles mesmos para dar un servizo completo aos seus clientes.

Unha estratexia que levou EiDF Solar a converterse o ano pasado na compañía máis rendible da renda variable española despois de revalorizarse un 480 por cento.

A empresa dá traballo a unhas mil persoas entre postos de traballo directos e indirectos, o 80 % do emprego xérao na nosa comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade