Unha empresa ourensá foi pioneira na venda en Internet de cortinas de protección solar
Unha empresa ourensá foi pioneira na venda en Internet de cortinas de protección solar
Comezaron a vender na rede no ano 2005 e foi a primeira tenda España en comercializar estes produtos en liña
Fabrican no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas e a través do comercio electrónico chegan a toda España, a Francia e a Portugal
Din que a súa aposta pola personalización e a calidade é a clave do seu éxito
Hoxe estamos afeitos a comprar en liña, pero hai 17 anos era case unha excentricidade. Unha empresa ourensá foi a primeira en España en comezar a vender só por Internet as súas cortinas enrolables. Hoxe os seus produtos chegan a fogares de toda España e a países veciños como Francia e Portugal.
Xa no ano 2005 esta empresa ourensá que fabrica toda clase de cortinas e produtos para a protección solar de ventás e portas apostou pola venda só en Internet, e foi pioneira.
Era unha aposta polo comercio electrónico, arriscada naquel momento, hai máis de 15 anos, cando non era tan común como agora, pero resultou ser todo un éxito.
O crecemento das vendas en Internet susténtase, din, na calidade dos seus produtos á medida e tamén no respecto polo medio, co uso de tecidos libres de PVC, na reciclaxe e na innovación tecnolóxica.
A fabricación fana nesta nave do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, onde traballa un equipo dunhas 30 persoas e os seus produtos chegan a fogares de toda España, Francia ou Portugal.