Unha escopeta de balotes para loitar contra a velutina en Ferrol
Unha escopeta de balotes para loitar contra a velutina en Ferrol
Coa carabina é máis sinxelo neutralizar niños inaccesibles
O clima suave do outono e inverno favoreceron este ano a supervivencia e expansión das avespas velutinas, e iso tradúcese no verán na aparición de numerosos niños. Os bombeiros de Ferrol están recibindo máis avisos ca o ano pasado e retiran unha media de 8 ou 9 cada día. Para facilitarlles o traballo, desde hai uns días dispoñen desta nova ferramenta: unha escopeta de balotes.
A escopeta ten un alcance de 100 metros e utilizarase para neutralizar niños situados en lugares inaccesibles. As intervencións sempre se fan por orde de prioridade, segundo o risco que represente para a poboación.
Aínda non a estrearon por cuestións burocráticas, pero os bombeiros de Ferrol xa adestran a súa puntería para non fallar cando poidan usala.
Fan un chamamento á colaboración cidadá para que alerten da presenza de niños e non os retiren por iniciativa propia.