Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha estudante ucraína, na Semana da Paz do CEIP Ría de Vigo

Unha estudante ucraína, na Semana da Paz do CEIP Ría de Vigo

Ruslana Myzenko contou a súa experiencia aos nenos de primaria

Estudou en Vigo ata a guerra cunha bolsa Erasmus, e volveu con outros 14 estudantes cando estoupou a guerra

G24.gal 31/01/2023 14:03

Xornada moi especial no CEIP Ría de Vigo, que festexou o Día da Paz cunha visita moi especial: a de Ruslana, unha ucraína que foi alumna do conservatorio da cidade olívica cunha bolsa Erasmus que rematou pouco antes da guerra. Aos 24 días de volver coa súa familia e comezar unha nova vida co seu noivo, estoupou o conflito. O conservatorio ofreceulles estudar en Vigo a ela e outros 14 alumnos, e leva dende entón vivindo coa familia dun profesor do centro.

Ruslana contou que está feliz en Vigo. Explicoulles aos alumnos de primaria as cousas máis típicas do seu país. Unha charla moi emotiva en que os alumnos tamén aprenderon cousas de Ucraína e do dura que é a guerra.

Ruslana e a súa familia de acollida deron tamén un pequeno concerto para que os nenos coñecesen a música do seu país. A moza está facendo agora prácticas no colexio público Vicente Risco de Teis cunha orquestra inclusiva formada polos nenos. Pero o corazón teno en Ucraína, a onde está desexando volver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade