Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia de Santa Comba leva un mes sen Internet nin teléfono

Unha familia de Santa Comba leva un mes sen Internet nin teléfono

Contrataron o servizo con ata catro compañías, pero ningunha lles dá solución

Maricarme García, este xoves á procura de cobertura para poder comunicarse por móbil preto da súa casa na Illa, Santa Comba
G24.gal 15/02/2024 14:22

O servizo de telefonía e de datos é ferramenta fundamental para os residentes nesta casa: unha persoa anciá, unha profesora de instituto e un taxista. Levan semanas con que a única telecomunicación posible é a través do móbil. Pero para iso teñen que saír a unha horta no alto ou subir ao faiado.

Maricarme García, veciña da Illa, en Santa Comba, fala da situación que teñen: "Sen liña de teléfono desde hai case un mes. Estou sen Internet e, pola aldea en que vivimos, estamos sen cobertura de móbil".

Farta de xestión antes as telefónicas, explica que agora ten contrato ata con catro compañías do sector. O apagamento que sofren no seu servizo de telecomunicación está, segundo di, vencellado co paso de cobre a fibra.

"Entón, hai moitos veciños aos que lles quitan o cobre e lles poñen fibra. Iso implica que as caravillas de conexión de fibra non son suficientes. Daquela, quitaron a miña. De toda a aldea foi a miña a que quitaron".

E ante isto, a solución é doada e barata, pero a empresa que ten que actuar non o fai: "Non fai falta poñer cables, nin postes. Eu teño o cable xa na casa. Sería moi simple, unha simple caixa que instale Movistar e teriamos fibra. Que pasa? que a Movistar non lle interesa", di Maricarme.

O necesario que é para esta familia dispor de Intenet e teléfono levou a buscar solución en varias compañías. Así o relata: "Como eu era cliente de Orange, intentei contactar con outras compañías para ver de facer máis presión, e neste momento sigo con Orange, contratei O2, contratei Movistar e contratei Evoa. Catro compañías e ningunha me ofrece solución".

En Movistar respóndelle que porán solución, pero cada día segue sumando un máis sen dispoñeren do servizo de Internet nin de telefonía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade