Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha masa de aire polar arrefría as temperaturas

Unha masa de aire polar arrefría as temperaturas

O descenso notarase máis nas provincias da Coruña e Lugo 

No leste peninsular agárdase un descenso térmico de ata dez graos

G24.gal 09/05/2023 14:53

Algúns xa quitaran o saio e mesmo puxeran o traxe de baño, pero na primavera todo cambia en cuestión de horas, e agora veñen días frescos.

Unha masa de aire polar baixará as temperaturas desde hoxe, mesmo por baixo do habitual en maio. A caída será de ata dez graos no leste peninsular, onde viñan de temperaturas extremas. En Galicia non será tan forte, pero notarase.

"Vaise notar máis nas provincias da Coruña e Lugo, con valores que mañá non darán chegado aos 20 graos; en Ourense custará chegar aos 25 e nas Rías Baixas a máxima será de 20", explica Juan Taboada, meteorólogo de Meteogalicia.

Regresan as chaquetas e os abrigos, pero os paraugas poden quedar na casa, porque non se agarda chuvia.

"Agárdase algún chuvasco feble no norte de Coruña e Lugo, pero non será chuvia nin persistente nin xeneralizada en ningún caso, polo menos nos vindeiros dez días", engade Juan Taboada. 

Despois dun abril anormalmente caloroso e seco, maio trae un sopro de aire frío que notaremos ata o final da semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos