Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen unha muller no Irixo presuntamente relacionada con roubos en igrexas

Deteñen unha muller no Irixo presuntamente relacionada con roubos en igrexas

A Garda Civil de Lalín prendeu inicialmente tres membros da familia, pero só a muller permanece á espera de pasar a disposición xudicial

As detencións producíronse no lugar da Bugalleira, no Irixo As detencións producíronse no lugar da Bugalleira, no Irixo
G24.gal 03/11/2022 13:52

Axentes da Garda Civil rexistraron durante varias horas a vivenda familiar no lugar da Bugalleira, no concello ourensán do Irixo. Despois, e segundo confirma o pai, o matrimonio foi conducido aos calabozos de Lalín, presuntamente relacionado con roubos en igrexas de distintas localidades galegas. 

A única filla que reside con eles, menor de idade, pasou a noite nun centro de menores en Ourense. O home foi posto en liberdade horas despois da detención, e xa tiña previsto ir recoller a nena ao centro. 

Segundo o seu relato, a única que permanece detida arestora é a muller. Agárdase que pase a disposición xudicial proximamente. 

Tanto o home coma o pai da detida aseguran descoñecer calquera presunta relación da muller con roubos en igrexas. Contan que aínda non cren o que pasou, nin saben por que ela permanece baixo arresto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade