Unha obra da artista ordense Lidia Cao, candidata a Mellor Mural do Mundo en 2022
Unha obra da artista ordense Lidia Cao, candidata a Mellor Mural do Mundo en 2022
A obra realizouna durante o festival MurArt na localidade valenciana de Ontiyent
Poden votar por Lidia na plataforma www.streetartcities.com
Lidia Cao, unha moza de Ordes, compite entre un cento de artistas internacionais polo título de mellor mural do ano 2022 que elixe a plataforma Street Art Cities. A obra seleccionada é un mural realizado na localidade valenciana de Ontinyent, titulada Anisoptera, ou o que é o mesmo, cabalo do demo. Un nome que agocha unha fermosa historia.
Quedamos con Lidia ao pé dunha das súas primeiras obras e das máis especiais: A costureira. Realizouna en 2018 para o festival Desordes Creativas, onde descubrira un par de anos antes a súa vocación de muralista.
Desde entón Lidia deixou a súa impronta noutras fachadas, coma esta da Casa do Neno en Santiago. Pero a obra que a acaba de poñer no foco internacional é esta. Titúlase Anisoptera, o nome científico do cabalo do demo. Fíxoa o ano pasado durante o festival MurArt, na localidade valenciana de Ontinyent. Un mural que fala do amor, que ten algo de irreverente e unha chiscadela moi emotiva.
A obra foi seleccionada como mural do mes de xuño pola plataforma Street Art Cities e agora opta ao premio a Mellor Mural do ano entre un cento de artistas internacionais.
Se queren votar por Lidia poden facelo a través da web da plataforma. O 20 de xaneiro publicarán a lista dos 10 finalistas.