Unha posible distracción podería ser a causa do accidente dunha pneumática contra unha batea
Unha posible distracción podería ser a causa do accidente dunha pneumática contra unha batea
A embarcación impactou contra unha batea no polígono que hai entre a Illa e Vilanova
A muller faleceu en terra, a pesar dos intento dos equipos de emerxencia por reanimala
O home está grave e foi trasladado ao hospital do Salnés
Non puido rematar dunha maneira máis tráxica unha tarde solleira na ría da Arousa. A pneumática en que viaxaba esta parella impactaba contra unha batea próxima ao faro de Vilanova . A muller, de 53 anos e veciña de Vilaxoán, levaba a peor parte.
Salvamento Marítimo, coa súa embaración Sargadelos, encargouse de trasladalos a terra, ao mesmo tempo que tres ambulancias se desprazaban ata este peirao de Vilanova, o máis próximo ao sinistro.
O home, de 56 anos, patrón da pneumática e o encargado de dar o aviso, foi trasladado en estado grave ao hospital do Salnés. Ela falecía pouco despois de chegar a terra. Os equipos de emerxencia trataron de reanimala sen éxito.
A muller é unha veciña de Vilaxoán, un municipio de Vilagarcía que está a escasos cinco quilómetros de onde perdeu a vida. Este domingo na súa vila natal, a consternación era visible en moitos destes veciños e veciñas.
De feito, Dolores Navia era moi coñecida pola súa vinculación coa música. Por desgraza, ese pesar tamén chegou a este polígono bateeiro de Vilanova, onde fóra de cámara aseguran que son moi habituais, sobre todo en verán. O último fai un ano, nas festas do Carme, onde un dos cinco tripulantes dunha embarcación de recreo falecía tras o accidente.
A policía xudicial coa Garda Civil investigan que puido pasar. Apuntan a unha posible distracción do patrón.