Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha reportaxe da BBC contradí a versión de Interior sobre a traxedia de Melilla

Unha reportaxe da BBC contradí a versión de Interior sobre a traxedia de Melilla

A televisión británica sinala que a avalancha deixou cadáveres en solo español, que foron arrastrados polos policías marroquís ao seu territorio

Unidas Podemos pide unha investigación urxente, e o PP esixe a comparecencia urxente de Grande-Marlaska

G24.gal 02/11/2022 15:08

A investigación da BBC reconstrúe o sucedido o 24 de xuño, cando unhas 2.000 persoas intentaron atravesar o valado que separa Marrocos de Melilla. Na avalancha morreron 24 migrantes e 70 seguen desaparecidos. A reportaxe describe a violencia da xendarmería marroquí, á que atribúe as mortes, pero engade que Interior ocultou gravacións onde se ven varios cadáveres xa en solo español, que foron arrastrados polos policías marroquís ao seu territorio.

Isto contradí a versión do Ministerio do Interior, que lamenta que a BBC faga acusacións tan graves sen probas. Fernando Grande-Marlaska evitou valorar a reportaxe no Congreso.
Pero a ala morada do Executivo pide unha investigación. "Os dereitos humanos non son relativizables, e uns feitos de tanta gravidade teñen que ser investigados", asegura Yolanda Díaz.

E o Partido Popular pide transparencia.: "Esiximos o visionado desas imaxes a comparecencia do Ministro de Interior de maneira urxente no Congreso dos Deputados", esixe Cuca Gamarra.

O Goberno di que colaborará en calquera investigación. A ministra de Ciencia dixo en Santiago que "o Goberno vai estar a disposición das autoridades xudiciais que investiguen".

A Comisión de Interior do Congreso visitará Melilla o próximo luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade