Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha revolución nos sistemas de control alimentario

Unha revolución nos sistemas de control alimentario

Unha nova ferramenta permite avaliar a calidade dun alimento sen tocalo

A Xunta pono como exemplo de innovación ao servizo da competitividade

Antón Montero 24/05/2023 20:54 Última actualización 24/05/2023 21:01

"Falamos dunha tecnoloxía que vén a revolucionar o tempo real das fábricas alimentarias, que nos permite coñecer parámetros como a humidade, a graxa, a proteína, das nosas materias primas", explica Roberto Alonso, secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA.

Fala da nova cámara de tecnoloxía hiperespectral, capaz de escanear un alimento en segundos de xeito non invasivo e no mesmo momento do seu procesamento. Ata agora, estas análises fanse en laboratorios, os resultados tardan de 24 a 48 horas e chegan cando o produto xa está elaborado.

A vantaxe competitiva da nova tecnoloxía non ten parangón. Alonso explica: "Estamos moi por diante do resto de Europa. Só nos comparamos con Nocima, un centro noruegués especializado no salmón".

A nova ferramenta chega despois de sete anos de traballos en equipo entre a empresa Emenasa e o centro de investigación de ANFACO, un proxecto para o que a Xunta achegou case dous millóns de euros.

Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación: "Estamos nun momento importante de reivindicar a innovación como unha panca de competitividade do noso tecido produtivo e como unha panca para que a nosa industria e o noso coñecemento se poidan diferenciar".

Catorce empresas de conservas, galletas, cereais ou patacas xa probaron unha nova tecnoloxía chamada a revolucionar o control alimentario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade