Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vaga de roubos ten atemorizados os veciños de Meicende

Unha vaga de roubos ten atemorizados os veciños de Meicende

Denuncian a presenza de varias narcovivendas na zona

Piden mais presenza policial para acabar coa inseguridade

G24.gal 12/02/2024 14:15

Os veciños e comerciantes de Meicende, en Arteixo, viven atemorizados. Mari Carmen Souto, propietaria dun bar, asegura que xa non se atreve a abrir o bar ela soa.

O motivo deste medo é a vaga de roubos que padecen dende hai cousa de dous meses. Entran pola forza nos comercios e atracan a xente a plena luz do día.

Helena Fariña di que a ela parárona pola rúa e pedíronlle todos os cartos que tiña e que a ameazaron cunha navalla. Vitoria Novoa asegura que a ela entráronlle varias veces na tenda e que xa está pensando en poñer máis seguridade. A Mari Carmen Souro roubáronlle ata en tres ocasións no bar que rexenta e di que xa non deixa cartos na caixa.

Din que esta inseguridade comezou dende que se instalaron varias narcovivendas na zona. De feito, aseguran que unha das persoas que trafica polo barrio estaba antes en Monte Alto.

Os veciños comezaron a organizarse para evitar que esta situación de inseguridade vaia a máis. O primeiro será manter unha xuntanza co Concello de Arteixo e coa Garda Civil para solicitar máis presenza policial. Se isto non ten efecto, non descartan seguir os pasos dos veciños de Monte Alto para botalos do barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade