Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña da Estrada reclama poder acceder ao adro da igrexa coa cadeira de rodas

Unha veciña da Estrada reclama poder acceder ao adro da igrexa coa cadeira de rodas

Pide que os tres escalóns que hai na entrada polo cemiterio se substitúan por unha rampla 

Denuncia que non sempre se cumple a lei que garante o acceso aos lugares públicos para as persoas con problemas de mobilidade

G24.gal 10/05/2023 14:24 Última actualización 10/05/2023 15:21

Carmen Midón empezou a notar os primeiros síntomas de perda de forza muscular hai máis de 30 anos. Durante moito tempo, pese á dexeneración progresiva, mantivo o empeño por seguir andando, pero hai tres anos que a súa mobilidade depende permanentemente da cadeira de rodas.

Desde entón fíxoselle aínda máis evidente que non se cumpre a lei de accesibilidade aos espazos públicos. A súa última reclamación nesta liña é unha rampla para acceder ao adro da igrexa de Moreira, a parroquia da Estrada na que vive. 

"Demando poder asistir coma calquera ao funeral dun familiar, un amigo ou un veciño". 

Di que sempre hai persoas dispostas a axudarlle sumando forzas para subila coa cadeira de rodas, pero non quere ter que recorrer a iso cando a Lei ampara o seu dereito a ter un acceso axeitado a calquera lugar público. 

"Para a maior parte da xente é un problema invisible, nin sequera se dan conta. Vou á Estrada e na maior parte dos sitios, un restaurante, un bar, un comercio, eu non podo entrar". 

No caso da Igrexa de Moreira di que a solución é tan doada que resulta inexplicable porque non está xa feita. Bastaría con cambiar os tres chanzos que dan acceso ao novo cemiterio por unha rampla, sen afectar para nada á entrada principal do adro, onde podería resultar máis complicado polas posibles implicacións coa protección do patrimonio.

Carmen di que bastaría con facer un rampla no lugar dos escalóns da entrada do cemiterio Carmen di que bastaría con facer un rampla no lugar dos escalóns da entrada do cemiterio

En setembro do ano pasado presentou un escrito no Concello, pero di que non tivo ningún tipo de resposta, por iso agora, aproveitando as eleccións locais, volve chamar a atención de todos os candidatos sobre os incumprimentos da lei que garante o acceso aos lugares públicos. Pon como exemplo algún dos colexios electorais da área rural. 

"Terían que estar todos acondicionados e accesibles para calquera persoa. É un dereito fundamental e a Lei de 2014 non se está cumprindo como debería; tes os mesmos dereitos pero e realidade non é así".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade