Uns 300 persoas traballan para que o Son do Camiño poida celebrarse a tempo
Uns 300 persoas traballan para que o Son do Camiño poida celebrarse a tempo
O escenario que se veu abaixo no Monte do Gozo xa foi retirado na súa totalidade
Un dos seis traballadores feridos no accidente segue ingresado en coidados intensivos
Os informes periciais determinarán se un refacho puido provocar a caída da estrutura
Un operativo dunhas 300 persoas traballa contra o reloxo para que o festival O Son do Camiño poida comezar o xoves, tal e como estaba previsto antes do colapso do escenario principal do evento, que quedou inservible.
Este domingo retiraban con éxito a última parte da megaestrutura de ferro e aluminio que se veu abaixo. Dous guindastres ocupáronse de levantar a peza dunhas 30 toneladas de peso, como explica Juan Batalla, de Grúas Norte.
"Era complicado porque a peza ten un volume moi grande e tivemos que esperar a que calmara o aire para poder baixala. Eran 42 metros de largo por 20 e cun peso dunhas trinta toneladas. Traballamos cunha altura do guindastre de 46 metros e fixemos uns separadores con 18 tiros para cada lado".
Os traballos avanzan e o obxectivo desta xornada é deixar limpa a zona e poder comezar a instalar outro escenario. Parte das pezas da nova estrutura xa están no Monte do Gozo.
"Deixaremos todo listo para as tres da tarde", asegura.
Polo momento, o Festival O Son do Camiño mantén sen cambios o cartel de concertos anunciados. Agárdase que asistan unhas 120.000 persoas ás distintas actuacións musicais.