Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inspeccionan con drons viadutos, liñas de alta tensión, presas ou aeroxeradores

Inspeccionan con drons viadutos, liñas de alta tensión, presas ou aeroxeradores

É unha tecnoloxía cada vez máis demandada polo sector industrial e con capacidade para xerar moitos postos de traballo

G24.gal 14/07/2022 14:29

Cada vez son máis as empresas, sobre todo do sector das enerxías renovables, que están a formar os seus traballadores nesta tecnoloxía. Os drons, estes aparellos voadores non tripulados, poden facer todo tipo de inspeccións técnicas en altura, por exemplo, de placas solares ou muíños, reducindo os riscos laborais dos traballos en altura e mellorando a eficiencia do servizo.

Os aparellos non tripulados levan dúas clases de cámaras que facilitan a detección dos defectos que cómpre resolver: corrosión, danos de aves ou fallos no motor. A mesma tecnoloxía serve para outras instalacións renovables, como os paneis solares, e é cada vez máis demandada por empresas eléctricas de todo o mundo.

No caso das placas solares, a tecnoloxía permite detectar cada pequena lesión ou fractura nos materiais que poida supoñer unha perda de eficiencia, e todo sen correr os riscos dun traballo en altura.

Son novos usos industriais que se suman ao uso forestal dos drons, para vixilancia do monte, ou agrícola, para detección de pragas por exemplo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade