Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o mal estado do firme da N120 entre Monforte e Ourense

Denuncian o mal estado do firme da N120 entre Monforte e Ourense

Os condutores din que o peor treito son os 11 quilómetros que hai entre o Alto da Guítara e os Peares

G24.gal 28/02/2024 15:58

Usuarios da estrada nacional 120 denuncian o mal estado do firme entre Monforte e Ourense, especialmente na baixada desde o alto de Guítara ata Os Peares. É un treito duns 11 quilómetros, pero especialmente perigoso pola pronunciada pendente e porque ten moitas curvas. 

No carril de baixada, uns sinais provisionais advirten do mal estado da vía. É o treito máis deteriorado da nacional 120 entre Monforte e Ourense.

"Nótalo na vibración do coche. Ademais é unha estrada perigosa, polas curvas. Sobre todo nun día coma hoxe, se chove e hai néboa". "É un perigo para a circulación, porque queres esquivar a fochanca e ao mellor vén outro coche e podes ter unha colisión", comenta un condutor.

Atribúen a deterioración fundamentalmente ao abundante tráfico de camións, que se incrementou aínda máis no último ano debido ás obras de modernización da vía do tren entre Ourense e Lugo.

"Pedra, balastro... circula por estrada, así que hai máis tráfico do normal". "Por aquí baixan moitísimos camións de madeira, grandísimos, e cada día pasan a quince e a vinte", di un dos usuarios da estada.

Hai un ano, o Ministerio de Transportes anunciou unha partida de 15 millóns de euros para esta estrada, pero non inclúen este treito en concreto que, daquela, non estaba tan deteriorado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade