Varias localidades da provincia de Ourense acadaron os 28 graos
Varias localidades da provincia de Ourense acadaron os 28 graos
Ourense, A Arnoia e Vilamartín de Valdeorras chegaron aos 28 graos
En Ourense este Venres Santo un dos atractivos turísticos foi o termómetro. A pleno sol, marcaba 35 graos e fixéronlle case tantas fotos como á fonte das Burgas. Para pasear pola tarde houbo que quitar a roupa de abrigo, e algún mesmo botou man xa dos pantalóns curtos e das sandalias.
Bermudas e moitos xeados pola rúa, coma se estiveramos xa non verán. A temperatura máxima de Galicia acadouse hoxe en Leiro con 28,5 graos e medio e en Ourense 28. Demasiada calor para moitos turistas que hoxe visitaban os principais atractivos da cidade.
Pero estas altas temperaturas contrastan coas mínimas, cunha oscilación térmica na cidade de Ourense que superou os 20 graos, en Calvos de Randín mesmo estiveron en valores negativos, menos un grao e medio.
E con este tempo, non hai raio que perder, na costa foron moitos os que aproveitaron o festivo de hoxe para ir por primeira vez á praia. E mañá seguen subindo as temperaturas, 30 graos dan en Ourense.