Cargando resultados...
Verín rexistra 8,6 graos negativos, a temperatura máis baixa de Galicia
Verín rexistra 8,6 graos negativos, a temperatura máis baixa de Galicia
Moita friaxe tamén de madrugada en Xinzo de Limia, Calvos de Randín e Leiro
G24.gal
30/01/2022 12:12
Este domingo solleiro contrasta coa friaxe da noite, sobre todo, en Ourense. Catro concellos desta provincia e un de Lugo rexistraron as temperaturas máis baixas.
A marca levouna Verín con 8,6 graos baixo cero. Unha temperatura moi similar á rexistrada en Xinzo de Limia.
Pero tamén tremeron de frío en Calvos de Randín ou en Leiro, onde os termómetros baixaron folgadamente dos cero graos.