Publicador de contidos
Publicador de contidos

Verstappen prolonga a súa tiranía en Hungría

Verstappen prolonga a súa tiranía en Hungría

Foto: EFE
G24.gal 23/07/2023 22:52

No Gran Premio de Hungría de Fórmula 1, nova vitoria de Verstappen. Sétima consecutiva. Triunfo baseado na súa boa saída, na que superou a Hamilton, e no inaccesible ritmo de carreira. 

Na saída, houbo accidente. Con catro pilotos implicados. Os dous Alpine tiveron que abandonar. E durante a carreira foi Checo Pérez o que puxo o espectáculo.

Vitoria incontestable de Verstappen. Segundo foi Norris a máis de medio minuto e de terceiro entrou Checo. Sáinz acabou de oitavo e Alonso de noveno. Por certo, que na celebración Norris rompeulle a Copa de campión a Verstappen. Xa non lle saben que lle facer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos