Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viana do Bolo e Vilariño de Conso acolleron ViboMask, o Festival Internacional da Mascarada Ibérica

Viana do Bolo e Vilariño de Conso acolleron ViboMask, o Festival Internacional da Mascarada Ibérica

G24.gal 19/03/2023 21:05 Última actualización 19/03/2023 21:27

Malia que o Entroido rematou oficialmente hai xa tres semanas hai lugares nos que estes días a festa volveu rexurdir. Viana do Bolo e Vilariño de Conso acolleron unha nova edición do Festival Internacional da Mascarada Ibérica. Tradición e ledicia a partes iguais nunha iniciativa que atrae cada ano máis visitantes.

A piques de comezar o desfile, os grupos prepáranse na parte alta de Vilariño

"A mestura está feita de sarrio das chemineas e aceite"

Eles chegan de Guadalaxara, pero tamén de Galicia, Asturias, outras zonas de Castela, Portugal Cantabria e o País Vasco.

"Son lazos comúns que temos con diferentes entroidos, carnavais... Finalmente todo é un mesmo vínculo"

Ese vínculo é o que une os corenta e tres grupos que participan este ano no festival.

"Se non se sente non é entroido tradicional"

"O sentimento aquí é moi importante, velo dende dentro e sentilo"

Os boteiros despexan o camiño e abren o desfile.

"É unha tradición que levamos no noso sangue dende moi pequenos, dende os máis pequenos ata os máis maiores que temos no noso folión"

E de a pouco o Entroido rexorde maxicamente en Vilariño

"É incrible, unha experiencia brutal"

"É diversión tras diversión"

Por iso ano tras ano quen proba repite, porque -din- nada escapa á ledicia que trae consigo o Entroido.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade