Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo estará iluminada este Nadal con 11,5 millóns de luces led

Vigo estará iluminada este Nadal con 11,5 millóns de luces led

Este ano bate marca de luces con máis de once millóns en 450 rúas da cidade

Os traballos comezaron hoxe coa instalación de 6.000 estruturas, máis de 3.700 arcos e 56 elementos de decoración de gran tamaño 

G24.gal 12/09/2023 14:33 Última actualización 12/09/2023 14:47

Así daba o rexedor vigués o tiro de saída á montaxe do Nadal. Desde hoxe comezan os traballos para a instalación de seis mil estruturas, máis de 3.700 arcos e 56 elementos de decoración de gran tamaño por toda a cidade.

O Nadal vigués chega este ano con cifras récord, con once millóns e medio de luces led en 450 rúas e a tradicional árbore da Porta do Sol cunha altura superior aos corenta metros.

A festa que xa é un dos principais fenómenos turísticos da cidade e un espectáculo para moitos, pero ten os seus opositores nos veciños que sofren o ruído e o caos circulatorio. 

A inauguración da montaxe de Nadal viuse interrompida pola protesta dos traballadores da concesionaria do autobús urbano, que levan meses de conflito coa empresa pola negociación do convenio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar