Vigo tamén toma medidas fronte á seca
Vigo tamén toma medidas fronte á seca
O Concello restrinxe o uso das duchas e lavapés das praias. Redúcese o tempo e a presión para aforrar auga
As regas na cidade estarán contadas e prohíbese encher as piscinas
O encoro de Eiras, o 83 % da súa capacidade, ten reservas para dous meses pero as previsións para este outono falan de precipitacións escasas
Os bañistas de moitas praias de Vigo xa notan esta nova medida adoptada polo Concello.
É a de recucir o tempo e a presión da auga que sae das duchas e dos lavapés dos areais.
A isto súmase a de reducir ao mínimo as regas na cidade ou aprobar a utilización da auga tratada da estación depuradora do Lagares para facer limpezas excepcionais das rúas afectadas, por exemplo, polo botellón. A iso hai que engadir as medidas individuais de cada cidadán.
Medidas preventivas que permiten aforrar auga con vistas a un outono que se prevé seco. Unha invitación ao consumo responsable que tamén chegará por carta ás industrias principais da urbe. O embalse de Eiras está ao 83% da súa capacidade, non é un mal dato. Pero as súas reservas poderían resentirse se seguimos sumando meses sen apenas precipitacións.