Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un excremento xigante lembra aos vilagarciáns que hai que recoller as feces das mascotas

Un excremento xigante lembra aos vilagarciáns que hai que recoller as feces das mascotas

O inchable representa a tonelada de deposicións que os máis de 9.000 cans censados deixarían na rúa

"Á caca, bolsaca, e ao pis, flisflís" é o lema desta iniciativa 

Non recoller as feces das mascotas ten sancións de entre 100 e 500 euros

G24.gal 27/04/2022 15:03

Os cans e os donos menos responsables son os protagonistas dunha nova campaña do Concello de Vilagarcía que pretende concienciar sobre a necesidade de recoller os excrementos das mascotas. O reclamo desta iniciativa non é, precisamente, discreto. 

Con un excremento xigante inchable é co que se atopan todos aqueles que estes días pasen pola praza de Galicia de Vilagarcía, que chama a atencións dos máis pequenos pero tamén de maiores. Representa case a tonelada de deposicións que os máis de 9.000 cans que hai censados farían cada día se os donos non as recollesen. 

"É un ben para todos: hai que limpar e recoller as cacas"

Forma parte da nova campaña de concienciación, "Á caca, bolsaca, e ao pis, flisflís", que está a levar a cabo o Concello e na que hai máis protagonistas, un moi recoñecible en Vilagarcía, o can de San Roque. Paneis informativos nos que "cada can conta a súa historia. Ou ben, dos bos costumes dos seus donos que si recollen as cacas, ou ben as historias nas que os seus donos non o fan ben" explica Cris Durán, deseñadora da campaña. 

A iniciativa está a ter unha grande acollida e queren que os donos sexan conscientes do problema.

"Todos temos que concienciarnos de que é un ben para todos: hai que limpar e recoller as cacas" engade Cris Durán. 

En Vilagarcía hai un can censado por cada catro habitantes, e aínda que a maioría dos propietarios recollen as deposicións dos seus mellores amigos, hainos que non. E precisamente para estes últimos a Policía Local tamén participa na campaña.

"Supón unha incomodidade para os usuarios da vía, podemos pensar en xente invidente ou xente con minusvalía que vai en cadeira de rodas", lembra José Luis Couto, axente da Policía Local de Vilagarcía.

De aí que algúns axentes municipais controlarán as rúas para identificar aos donos dos cans que non recollan as feces dos animais e serán propostos para sanción. Unhas multas que poden oscilar entre os 100 e os 500 euros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar