Vilalbés e Arousa empatan na Magdalena (1-1) e deixan a eliminatoria aberta
Vilalbés e Arousa empatan na Magdalena (1-1) e deixan a eliminatoria aberta
Sylla adiantou o Arousa, pero empatou Make pouco despois
A segunda rolda polo ascenso á 2ª RFEF decidiráse na Lomba
A segunda eliminatoria polo ascenso á Segunda Federación, última entre equipos galegos, comezou cun empate a un tanto na Magdalena. Foi nun partido disputado, pero co desenlace no partido de volta moi presente para os dous equipos.
O Arousa, que gañaría a eliminatoria no caso de igualada despois da prórroga por ter quedado de segundo na Liga, adiantouseao cuarto de hora. Foi cunha cabezada de Sylla logo dunha gran xogada de Iñaki, heroe da eliminatoria contra a U. D. Ourense.
Pero pouco tardou en chegar a igualada do Rácing Vilalbés. Os de Simón Lamas acadaron o seu tanto nunha xogada a balón parado. Saque dende o curruncho de Pablo Rey, e cabezada inapelable de Make.
Non se moveu o marcador no resto do partido malia aos intentos dos dous equipos. No equipo local quedaron amolados co árbitro, logo de que este asubiase o remate das dúas partes xusto despois de rexeitamentos que favorecían aos lugueses. O Arousa tamén reclamou unhas posibles mans na área na primeira metade. A eliminatoria decidiráse no partido de volta, a disputar na Lomba.