Vingegaard, primeiro peregrino n'O Gran Camiño
Vingegaard, primeiro peregrino n'O Gran Camiño
Pleno de etapas para o dinamarqués, que gañou as tres tiradas
Arrasou na contra o reloxo final impoñéndose ao seu compañeiro Rohan Dennis
Carlos Canal, primeiro galego e sexto na última proba
Jonas Vingegaard completou en Santiago o pleno de vitorias n'O Gran Camiño. Tomou a contra o reloxo final moi en serio e marcou uns tempos fóra do normal. Mesmo derrotou o seu compañeiro de equipo e campión do mundo Rohan Dennis, ao que lle sacou 35 segundos.
Vingegaard estivo a piques de dobrar a Rubén Guerreiro, que acabou no podio pero viu como o dinamarqués lle enxugaba os dous minutos cos que saía de marxe.
Jesús Herrada completou o podio. O ciclista de Cofidis asinou a segunda posición despois dun quinto posto na última etapa.
O mellor galego foi Carlos Canal, que adiantou a Delio Fernández. Sensacional o traballo do ourensán nas rúas de Santiago de Compostela, cun sexto posto nesta contra o reloxo e un 14.º posto final.
Foi unha edición accidentada pero que será lembrada polo nome do seu gañador. Jonas Vingegaard e o Gran Camiño puxeron a Galicia no mapa do ciclismo mundial.