Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os reis visitan os Países Baixos na súa primeira viaxe oficial deste ano

Os reis visitan os Países Baixos na súa primeira viaxe oficial deste ano

Os reis Filipe e Guillerme tratarán sobre o corredor marítimo de hidróxeno entre o porto de Ámsterdam e o de Bilbao

 

G24.gal 17/04/2024 13:27

Os reis comezaron a súa visita de Estado aos Países Baixos, convidados polo monarca, Guillerme de Holanda, para fortalecer a relación bilateral entre ambas casas reais. Foron recibidos polos monarcas holandeses na praza Dam de Ámsterdam, onde pasaron revista á garda de honra.

É a primeira viaxe oficial deste ano de don Filipe e dona Letizia. Tras un almorzo privado, os reis Filipe e Guillerme trasladaranse ao porto de Ámsterdam para tratar o corredor marítimo de hidróxeno entre o porto holandés e o español de Bilbao.

Tamén visitarán a fundación para o deporte do exfutbolista Johan Cruyff. Á noite haberá unha cea de gala en que tamén estará a raíña nai, Beatriz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade