Publicador de contidos
Publicador de contidos

Visitar a catedral de Santiago de tarde evita as longas ringleiras matutinas

Visitar a catedral de Santiago de tarde evita as longas ringleiras matutinas

A espera ás portas da catedral pode superar unha hora en horario de mañá 

A porta das Praterías de tarde non rexistra ringleira ningunha de turistas para visitar a catedral
G24.gal 31/08/2023 21:38 Última actualización 31/08/2023 22:10

Nada que ver a entrada á catedral de Santiago pola mañá con ringleiras de ata unha hora de espera mentres turistas e peregrinos entran sen demora ningunha pola tarde, agás o tempo que lles leva mostrar o contido de mochilas e bolsos.

Algúns xa o programan así para non perder tempo. E outros sen planificalo, agradecen a sorte.

Tanto é así, que algúns aproveitan e cando rematan a visita xeral, saen pola porta da Acibechería e volven entrar pola contigua, a que leva a apertar o Apóstolo. Queren facer todo o que poidan no menor tempo posible.

afluencia continua pero fluida durante a tarde, aumentou a medida que se achegaba a hora da misa do peregrino, coa posibilidade de ver o botafumeiro en acción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade