Cargando resultados...
Visitas ao cono do volcán da Palma
Visitas ao cono do volcán da Palma
As primeiras rutas son para os veciños
Abriranse as visitas ao público o domingo 10 de abril
G24.gal
08/04/2022 14:49
Na illa da Palma comezaron as rutas guiadas ao cono do volcán de Cumbre Vieja. Estas primeiras visitas están reservadas para os veciños da illa, pero quedarán abertas ao turismo a partir do vindeiro domingo.
Realizaranse en grupos de 15 persoas a través de empresas autorizadas polo cabido da Palma. As visitas chegan ata un punto próximo pero seguro do cono do volcán e buscan agora un impacto positivo na actividade económica da zona.