Publicador de contidos
Publicador de contidos

Visitas guiadas para coñecer os segredos do museo do Gaiás

Visitas guiadas para coñecer os segredos do museo do Gaiás

O espazo museístico cumpre unha década en activo

Unha viaxe polo interior do edificio para entender que agocha cada posta en escena 

G24.gal 11/04/2022 16:20

O museo do Gaiás cumpre unha década en activo. E para celebralo, a Cidade da Cultura inicia unhas visitas guiadas que descobren os recunchos máis descoñecidos. Unha viaxe polo interior do edificio, que permite entender que hai detrás de cada posta en escena. 

A través dunha porta camuflada imos descubrir os segredos que agocha o museo do Gaiás no seu décimo aniversario. Baixo a pel do museo é unha actividade que busca conmemorar unha década de cultura e de arte.

O museo leva dez anos abrindo as súas portas con exposicións que vemos xa instaladas. Con esta visita entenderemos mellor o procedemento habitual de traslado e de montaxe.

O que non se ve é imprescindible para que o espazo funcione de xeito harmónico e confortable cando imos ver unha mostra ao Gaiás. 

Desta volta entramos coñecer as entrañas do museo da Cidade da Cultura nunha oportunidade única para os visitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar