Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitoria do Porriño e derrota do Guardés na liga feminina

Vitoria do Porriño e derrota do Guardés na liga feminina

O Conservas Orbe Rubensa Porriño trouxo un valioso triunfo da pista do Beti-Onak (18-21)

O Mecalia Guardés non puido acadar nada na visita ao Bera Bera (32-23)

Foto: @Beti_guerreras
G24.gal 17/09/2023 16:34

Na Liga feminina, a xornada deixou unha vitoria, a do Conservas Orbe Rubensa Porriño. Derrotou o Beti-Onak na súa pista por un resultado de 18 a 21. As galegas comezaron gañando, pero foron por detrás ao descanso, 10-9. Refixéronse na segunda metade e acabaron levando un triunfo que as deixa con catro puntos en tres xornadas. Maider Barros comandou o Porriño con seis goles, os mesmos que marcou a local Graciela.

Pola contra, o Mecalia Guardés non puido traer nada positivo da sempre difícil visita á pista do Bera Bera. O partido chegou igualado ata o descanso, con empate a dezaseis. Pero as locais fuxiron na segunda metade ata o 32 a 23 final, facendo valer a profundidade do seu banco. Ata once xogadoras do Bera Bera participaron nos goles. Pauli Fernández foi a máxima anotadora das galegas, con seis tantos. O Guardés queda con dous puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade