Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitoria e máis dun ano invicto como local

Vitoria e máis dun ano invicto como local

Hoxe facía un ano da última derrota do Rácing na casa

Iker Losada, Álvaro Giménez e Jon García anotaron os goles

G24.gal 17/12/2023 22:25 Última actualización 17/12/2023 23:10

Era un día importante en Ferrol. Chegaba o Rácing cunha misión. Un día coma hoxe, pero de 2022, o Rácing era derrotado polo Alcorcón. Un ascenso despois, aínda non hai ninguén capaz de gañar en Ferrol. Desde o comezo foron os que mandaron no partido. Loasada probou sorte desde a frontal e Álvaro Giménez non puido acertar coa cabezada que foi fóra. Non fallou a segunda que tivo Losada. No 26', o de Catoira recibiu o pase filtrado de Álvaro, e definiu diante de Soriano. Pouco despois, Carlos Vicente púxolle un centro a Álvaro Giménez que, de novo, non foi quen de acertar. Co dominio galego chegouse ao descanso.

Á volta dos vestiarios, Álvaro Giménez anotou un penalti que lle fixera a el mesmo. O Rácing non baixou o pé do acelerador. Losada internouse pola esquerda e cando tiña a Carlos Vicente para empurrala, decidiu definir pero Soriano deteu o disparo. Pero o Tenerife non dixera a última palabra, un centro de Alassan acabou nos pes de Ángel que non fallou diante de Cantero. Apertou nestes minutos, pero, cando peor estaba o Rácing, Jon García, despois dun córner botado por Héber, rematou ao fondo da rede.

O Rácing colócase 4º a só un punto do ascenso directo que o marca o Vallodolid, rival o próximo xoves. O Tenerife queda a un punto da promoción de ascenso (9º).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos