Volven a choiva e o frío
Volven a choiva e o frío
O mal tempo volveu para quedar durante toda esta semana
"É que vai frío, pasas dos 27 graos aos 15 de hoxe para mañá", comenta unha muller de Santiago O tempo volveu xogarnos unha mala pasada.
Unha fronte fría, asociada a unha borrasca ancorada ao norte da península é a responsable deste cambio brusco.
"Está pasando hoxe por Galicia, tras dela vén aire frío, e esa situación vaise manter posiblemente no resto da semana, esa borrasca prevese estacionaria na mesma localización", explica Carlos Otero, meteorólogo de Meteogalicia.
Hoxe as temperaturas máximas oscilan entre os 17 graos ao sur e os 15 no norte. Mañá haberá máis frío aínda
"Temos que falar tamén incluso da posibilidade dalgunha nevarada nas zonas máis altas da comunidade a partir dos 1.300 metros".
Tamén o vento se deixará notar, sobre todo no mar.
"No mar vai haber intervalos fortes a carón da Estaca de Bares. Non chegamos a niveis de aviso, si imos ter un episodio de ondas por riba dos 4 metros a partir de mañá pola tarde entre Bares e Fisterra", conclúe Carlos Otero.
Queda agardar á fin de semana, onde, segundo as previsións, os termómetros recuperarán valores propios da primavera e as choivas irán remitindo.