Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volvo deixará de fabricar coches con motores diésel en 2024

Volvo deixará de fabricar coches con motores diésel en 2024

O obxectivo da marca sueca é que en 2030 só venda vehículos eléctricos

G24.gal 20/09/2023 14:21

Hai catro anos a maior parte dos coches que vendía Volvo eran diésel. Agora son híbridos ou eléctricos. A marca sueca fabricará os seus últimos diésel a principios do ano que vén. A fin dos diésel é un obxectivo de todas as marcas.

No mes de agosto, os eléctricos puros volveron superar en vendas os diésel por segunda vez en Europa. En España apenas representan o 5 % das matriculacións. Os condutores buscan etiquetas medioambientais que non limiten a súa circulación polas cidades e apostan máis polos híbridos.

O parque móbil en España ten unha idade media de case catorce anos, e máis de 15 en Galicia. Os prezos e a falta de infraestruturas de recarga son dous dos motivos que máis retraen a venda de vehículos eléctricos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade