Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bernabeu decidirá o rival do Borussia Dortmund na final da Champions

O Bernabeu decidirá o rival do Borussia Dortmund na final da Champions

Real Madrid e Bayern afrontan a volta das semifinais logo do empate (2-2) do primeiro encontro e cun enfrontamento moi aberto

G24.gal 07/05/2024 20:33

Dous grandes buscan praza na final da Champions. Se o Real Madrid quere optar á súa décimo quinta orellona, deberá eliminar o equipo que máis veces o derrotou en Europa. O reto ante o Bayern, que xoga toda a temporada a unha carta no Bernabeu, é maiúsculo.

Poucas dúbidas ofrece o once do Real Madrid ante os alemáns. Lunin estará na portería. Dani Carvajal volve tras cumprir un partido de sanción no Allianz. O defensa pon en valor a gran temporada dos brancos.

O Real Madrid conquistou cinco das últimas dez Champions. Carvajal aspira a ampliar a lenda cunha nova final mentres que Ancelotti prefire a contención. O adestrador italiano nunca perdeu un encontro ante o conxunto alemán. Wembley agarda polo vencedor desta contenda.

O Borussia Dortmund agarda rival

O primeiro finalista da Champions é o Borussia de Dortmund. O equipo alemán eliminou o París Saint Germain ao gañar tamén a volta por 0-1 (Hummels) e buscará a súa segunda Liga de Campións. O PSG, no último partido de Mbappé nesta competición co cadro parisiense, buscouno de todos os xeitos pero atopouse cos paus no seu camiño. Ata seis postes estrelou na rolda semifinal. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos