Reabre ao público tras meses pechado o paseo polos cantís do Vicedo, o Fociño do Porco
Reabre ao público tras meses pechado o paseo polos cantís do Vicedo, o Fociño do Porco
Este ano modificouse sensiblemente o percorrido
A primeira hora da mañá deste domingo a choiva, unha choiva miudiña e mansa, sorprendía aos turistas que visitaban o Fuciño do Porco.
O sábado foi o primeiro día que abriu ao público a infraestrutura que percorre os acantilados, logo das obras que permitiron o seu uso. POlo de agora aínda non son tantos os turistas, pero a medida que avanza o mes aumenta o número de visitas. O ano pasado chegou ás 120.000, segundo o Concello do Vicedo, 90.000 delas concentradas en xullo e agosto, meses nos que hai que reservar.
Este recuncho do Cantábrico, que debe o seu nome á aparencia que ten cando se ve dende o mar, atrae a xente de todas partes.
Esta fin de semana nótase a influencia do Resurrection entre os visitantes.
Malia que hai que reservar, a visita é de balde, estímase que dura 45 minutos e non poden cadrar máis de 70 persoas facendo o percorrido.