Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa son 9 as vítimas mortais polo derrubamento do glaciar dos Alpes italianos

Xa son 9 as vítimas mortais polo derrubamento do glaciar dos Alpes italianos

Este mércores atoparon outros tres cadáveres 

G24.gal 06/07/2022 18:27

As vítimas mortais causadas pola derruba dunha parte do glaciar Marmolada, nos Alpes italianos, aumentaron a nove.

Este mércores localizáronse os cadáveres de tres novas vítimas, segundo informaron as autoridades locais.

Dos falecidos, catro xa foron recoñecidos polos seus familiares, explicou o presidente da provincia autónoma de Trento (norte), Maurizio Fugatti.

Os desaparecidos oficialmente son tres e os labores de procura continúan por aire, mediante drons e helicópteros, polo perigo que entraña facelo por terra ante o risco de novas derrubas por mor das altas temperaturas nesta zona.

En calquera caso, Fugatti pediu tomar "con prudencia" estes datos, pois o balance segue sendo provisional e nas últimas horas localizáronse montañistas e persoas que se crían desaparecidos pero que en realidade estaban a salvo noutros lugares.

O presidente do Trento, confirmando as tres novas vítimas, disipou a dúbida de se os novos restos atopados pertencían a persoas xa confirmadas como mortas ou a outras, xa que os corpos sufriron importantes danos.

Os feridos, de diversa consideración, son sete, dos que catro están hospitalizados en Trento e tres na rexión do Veneto.

A traxedia produciuse o pasado domingo nos montes alpinos Dolomitas, cando unha porción do glaciar da Marmolada, de 200 metros de lonxitude, 60 de ancho e 30 de grosor, se desprendeu montaña abaixo levando por diante todo o que atopaba ao seu paso.

Os equipos de rescate consideran difícil atopar todos os desaparecidos, xa que a masa de xeo e rocas que colapsou equivale a dous campos de fútbol de 30 metros de grosor.

Pero hoxe o presidente do Véneto, Luca Zaia, considerou un "deber moral" devolver os corpos aos familiares

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade