Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa son noventa anos de radio en Galicia

Xa son noventa anos de radio en Galicia

Unha exposición acolle en Compostela a historia deste medio e a súa repercusión na sociedade galega

G24.gal 26/02/2023 15:07 Última actualización 26/02/2023 15:22

Facer chegar os principios autonomistas a unha poboación de escasa formación foi un dos motivos que impulsou a chegada da radio a Galicia. Así se recolle na exposición que se inaugurou esta semana na Casa do Cabido, en Santiago de Compostela, para celebrar os noventa anos desta efeméride.

O percorrido histórico empeza en 1933, coa voz do ilustre galeguista Antón Fraguas dando paso á primeira emisora de Radio Galicia, situada na cidade compostelá.

A través de arquivos de voz da época e de obxectos históricos, o visitante asiste ao discorrer da sociedade galega á par dun medio, o radiofónico, que se reinventa cada día a través das novas tecnoloxías como as redes sociais ou os podcasts.  Permanecerá aberta ata maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar