Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xaneiro é o mellor mes para viaxar ou reservar as vacacións de verán

Xaneiro é o mellor mes para viaxar ou reservar as vacacións de verán

Durante o 2023 as axencias de viaxes aumentaron as súas vendas nun 20 por cento

Contratar en xaneiro os paquetes vacacionais para xullo e agosto e unha decisión que se nota no peto

G24.gal 28/01/2024 16:23 Última actualización 28/01/2024 18:46

As axencias de viaxes galegas encaran o ano con optimismo debido ás reservas que xa pecharon para Semana Santa e mesmo para o verán nestas primeiras semanas. O sector celebra que cada vez sexan máis os clientes que anticipan varios meses a compra das vacacións.

"A sensación agora mesmo é de boas perspectivas, estamos contentos. Xaneiro está sendo un mes moi bo en canto á petición e presupostos, programación de vacacións de Semana Santa de verán xa, noivos, estamos satisfeitos de ir conseguindo iso", comenta Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Viaxes.

Compran con antelación os que marchan, pero tamén os que teñen pensado vir a Galicia.

"Os operadores que venden Galicia están tamén moi satisfeitos de como empezou o ano, estase vendendo xa con moita antelación Galicia para o que queda do ano", afirmaba Rivadulla.

Aseguran que contratar en xaneiro os paquetes vacacionais para xullo e agosto e unha decisión que  se nota no peto.

"Nunha viaxe ao Caribe pode ser un aforro de 150 euros por persoa, si pode ser, se é unha parella son 300 euros pero se é unha familia o aforro é máis interesante", aseguraba o presidente da Asociación Galega de Viaxes.

Durante o 2023 as axencias de viaxes aumentaron as súas vendas nun 20 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade